Saturday 18 de May de 2024

O relax da Xunta no control de instalacións contaminantes crea inquedanza en Bergondo e A Coruña


A existencia de dous controvertidos asentamentos de residuos tóxicos na dársena de Oza do porto coruñés e no límite dos concellos de Bergondo e Sada preocupa nas súas respectivas contornas.

Se o do muelle de Oza leva xa cinco anos instalado sen nIngún tipo de medida preventiva, á intemperie e sen plan algún de emerxencia nIn protocolos de actuación por contaminación nIn a vixiancia necesaria sobre unha empresa que se dedica a trafegar con materiais contaminantes. Pese ás reiteradas demandas de información presentadas ante a Xunta pola Alternativa, nada se informou ao respecto por parte do Goberno autonómico.

Hai que lembrar que esta empresa xa fora denunciada en 2002 por depositar substancias impropias, procedentes do porto da Coruña, nas redes de sumidorio de Oleiros.

En relación á planta de residuos tóxicos que a Xunta semella querer autorizar en Obra de Paño (Bergondo), nunha zona limítrofe con Sada, o Goberno autonómico non se pronunciou ante as demandas dos municipios de Bergondo e Sada, que realizaron sendos informes negativos. Os seus plenos tamén se pronunciaron contra esa instalación.

O feito de que a Xunta non se pronuncie sobre o tema crea unha enorme inquedanza entre a poboación afectada, xa que pode supoñer que vai a autorizar a instalación.